Actualidade
Data de publicación: 19-02-2025
Data de inicio: 24-02-2025
Data de fin: 25-02-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, na noite do 24 de febreiro de 2025 ata o 25 de febreiro de 2025 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 02:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR. Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, indicarase o permiso de circular no panel de mensaxe variable situado na Praza Compostela durante a duración de peche.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100