Actualidade

Avisos

Actividades de xuventude no festival TAC de arquitectura urbana

Temática: Xuventude

Data de publicación: 2024-06-17

As actividades dinamizadoras consistirán en 3 talleres que estarán relacionados co motivo e obxectivos do festival de Arquitectura urbana e que basicamente pretenden fomentar a participación xuvenil:

  1. Obradoiro para nenos/as dende os 7 e ata os 12 anos de idade./ 30 prazas: Actividade de construción con pezas de material diverso de reciclaxe e xogos de Lego. Horario de mañá, de 10 a 14hs. (Do 24 ao 28 de xuño en horario de 10 a 14 horas)
  2. Obradoiro para mozos/as dende os 13 a ata os 21 anos de idade./ 30 prazas: Actividade que vai xirar entorno ás medianeiras pintadas próximas ao centro urbano da cidade e que consistirá nunha visita guiada a varias delas e a posterior realización dunha intervención mural de carácter plástico e artístico no espazo aberto da instalación do Festival na Porta do Sol de Vigo. (Do 1 ao 5 de xullo en horario de 10h a 14h)
  3. Obradoiro de xogos de mesa dende os 13 aos 21 anos de idade./ 30 prazas: (22, 27, 29 de xuño e 5 de xullo), coa presentación do xogo "Illas marabillas" As Illas Cíes de Pablo Culebras.

¿ Dónde?: Na Porta do Sol, ao carón da instalación gañadora do Festival de Arquitectura Urbana.

Gratuíto.

Inscrición por orde de chegada a través do correo: xuventude@vigo.org

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100