Actualidade

Avisos de transporte

SERVIZO ÁS PRAIAS. AMPLIACIÓN LIÑAS 2024.

Temática: Transporte

Data de publicación: 21-06-2024

A partir do domingo día 23 de xuño, as liñas C3, L4C e L23 amplían o seu percorrido ata as praias da seguinte maneira:

  • A liña C3 dende Bouzas e Coia ata Samil, mantendo os seus horarios habituais. Os sábados, domingos e festivos manterá o seu percorrido ata Samil como todo o ano.
  • A liña L4C  dende Coia ata Samil – Vao, mantendo os seus horarios habituais, en laborables, sábados, domingos e festivos.
  • A liña L23 dende Martín Echegaray ata Samil, mantendo os seus horarios habituais, en laborables, sábados, domingos e festivos.

Lembrámoslle aos usuarios que as liñas L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C continúan prestando servizo ás praias como o resto do ano, cos seus horarios habituais.

A saída de Saiáns das 21:40 ca liña L10, en días laborables, actualiza o seu percorrido circulando dende a Avda. Samil pola Avda. Europa convertíndose en liña C3.D ata Encarnación.

Nova saída, en días laborables, dende a Capela do Vao ás 21:45 ca liña L4A dirección Aragón.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100