Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (01:00 a 06:00 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR

Data de publicación: 26-06-2024

Data de inicio: 05-07-2024

Data de fin: 05-07-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 5 de xullo de 2024 ata o 5 de xullo de 2024 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Sece-Eleukon , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (01:00 a 06:00 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR. Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100