Actualidade

Avisos de tráfico

Pechada ao tráfico a rúa CARRASQUEIRA(RUA) N 5 (CORUXO)

Data de publicación: 12-06-2024

Data de inicio: 13-06-2024

Data de fin: 30-06-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de Extensión do mallado da rede de abastecemento_Fase 2:. no treito de Carrasqueira interiores, a realizar pola empresa Fcc Aqualia Vigo Ute , estará pechada ao tráfico a rúa CARRASQUEIRA(RUA) N 5 (CORUXO) , para garantir a execución das obras e a circulación viaria ocuparán toda a calzada en horario laboral, respectando o acceso peonil ás vivendas en todo momento e aos garaxes en horario non laboral. O treito de rede de abastecemento a renovar comeza na 1 conexión sita en Subida al Monte Carrasqueira 5,7,9 e segue até a intersección con Rúa Carrasqueira 152. Tamén ocupan unha zona de aparcamento para acopios de materiais. A ocupación viaria non será total dende o inicio. Irán ocupando segundo avancen as obras e irán desocupando as que rematen. dende o 13 de xuño de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100