Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TUNEL DE BEIRAMAR, AMBOS LADO

Data de publicación: 23-05-2024

Data de inicio: 27-05-2024

Data de fin: 28-05-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 27 de maio de 2024 ata o 28 de maio de 2024 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TUNEL DE BEIRAMAR, AMBOS LADOS. Os traballos comezan ás 22:30 do luns 27 e rematan ás 05:30 do martes 28 de maio. Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100