Actualidade
Data de publicación: 20-11-2022
Data de inicio: 17-11-2022
Data de fin: 31-01-2023
Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito:
A rúa Areal, entre a "paellera" e Colón, estará pechada ao tráfico, excepto residentes, acceso aparcadoiros da Estrela e Areal, desvío por Oporto.
As rúas Pontevedra e Inés Pérez de Ceta só terán acceso para os residentes, e acceso aparcadoiros da Estrela e Areal, desvío por República Arxentina.
A rúa García Barbón, entre Colón e República Arxentina, estará pechada ao tráfico, desvío por Colón, Uruguay, República Arxentina.
A rúa Policarpo Sanz, entre Velázquez Moreno e Reconquista, lado impares, estará pechada aos vehículos pesados, desvíos por Velázquez Moreno, Pza Compostela, Reconquista, Policarpo Sanz.
A rúa Colón, entre Areal e Rosalía de Castro, establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Marqués de Valladares.
A rúa Montero Ríos terá permitido o acceso, en sentido contrario de circulación, dende a rúa García Olloqui para acceso exclusivo de residentes e autobuses turísticos aos hoteis.
A praza de Compostela, entre Velázquez Moreno e Colón, establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende Velázquez Moreno. , dende o 17 de novembro de 2022 ás 10:00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100