Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos

Programa de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas no primeiro semestre de 2023

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2023-01-13

O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de xaneiro a xullo de 2023 se desenvolverá presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar).

Entre outras, o Centro acollerá as seguintes actividades: Club de lectura , Faladoiros, Obradoiro de escrita creativa Feminista, Presentación de libros, etc.

Proceso de inscrición:
• Club de Lectura é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala cuberta e firmada ao Centro de Documentación.
• Obradoiro de Escrita Creativa Feminista é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala cuberta e firmada ao Centro de Documentación.
• Resto de actividades: acceso libre ata completar aforo.

Máis información:
Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.
Teléfono: 986 436 441. Mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org

Nos arquivos adxuntos pódese obter información completa de contidos, horarios, calendario, etc de todo o programa, así como a ficha de inscrición en formato editable.

Documentación