Actualidade
Temática: Igualdade
Data de publicación: 2024-09-12
Proceso de inscrición para todos os cursos:
Prazo de inscrición: desde a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Ficha de inscrición: deberanse cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de "formación en igualdade para profesionais no ámbito educativo e social" ten unha ficha específica de inscricción.
Presentación da Ficha de inscricción: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa dás Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixesen ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio da orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por correo electrónico ou por teléfono.
Más información nos documentos adxuntos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100