Actualidade

Avisos

Cursos gratuitos 2024: Capacitación e competencia dixital 2024

Temática: Emprego

Data de publicación: 2024-07-09

O programa formativo sobre o que versará a formación en COMPETENCIAS DIXITAIS corresponde aos contidos dunha unidade de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, o que permitirá a súa acreditación.

O itinerario do módulo formativo atende as necesidades básicas sobre competencias dixitais que todos os alumnos deben alcanzar. Trátase dun programa de 30 horas lectivas de duración, que poderán impartirse de maneira presencial, a distancia ou en modalidade mixta e percorrerá 5 competencias transversais nun nivel de dominio básico tanto a nivel conceptual como de autonomía.

A estrutura do módulo exponse seguindo o seguinte esquema cun número total de seis acciones formativas.

As accións formativas, numeradas de 0 a 5, serán as seguintes:

  • AF 0. Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais – 2 horas - Autoestudio
  • AF 1. Información e alfabetización dixital – 6 horas
  • AF 2. Comunicación e colaboración en liña – 6 horas
  • AF 3. Creación de contidos dixitais – 6 horas
  • AF 4. Seguridade na rede – 6 horas
  • AF 5. Resolución de problemas – 6 horas

Ao finalizar o programa, o alumno terá:

  • Capacidade para configurar un equipo ou dispositivo: Aplicacións, periféricos...
  • Capacidade para xestionar as ferramentas de comunicación: Correo electrónico, videochamadas, redes sociais,...
  • Capacidade para instalar un certificado dixital ou similar; sinatura electrónica e as vantaxes do seu uso, solicitude de cita médica, xestión de impostos, relacións coas Administracións de forma telemática...
  • Capacidade para instalación de sistemas de protección dos dispositivos: instalación de antivirus, limitación de acceso, protección da privacidade...
  • Capacidade de compartir coñecementos e contidos a través dunha participación activa na rede.
  • Capacidade para discernir os límites dos usos incorrectos de datos persoais e contidos alleos, respectando a identidade dixital dos demais.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100