Actualidade

Avisos

Aberto o prazo de inscrición para o programa de actividades da Casa das Mulleres: abril-xuño 2024

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2024-04-22

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de abril ao mes de xuño de 2024:
OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”
. OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”
. OBRADOIRO  "ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS"
CURSO "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO DE LECER"
. CURSO "MULLER E SEXUALIDADE"
 

Proceso de inscrición para todos os cursos:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de formación en igualdade para monitorado ten unha ficha específica.

  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Máis información nos documentos adxuntos

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100