Actualidade
Temática: Transporte
Data de publicación: 18-11-2024
Por mor dos paros parciais convocados dende o 20 de novembro de 2024 os seguintes días:
Servizo diurno:
- Novembro: 20, 22, 25 e 27.
- Decembro: 2, 3, 11, 12, 20 e 21.
Os servizos mínimos estarán dispoñibles nas franxas horarias dos paros convocados:
- De 13:00h. a 15:00h.
Servizo nocturno:
- Novembro: 22, 23, 29 e 30.
- Decembro: 6, 7, 13, 14, 20 e 21.
Os servizos mínimos estarán dispoñibles nas franxas horarias dos paros convocados:
- De 23:00h. a 00:00h.
SERVIZO MÍNIMO: LIÑA N1, HORARIOS HABITUAIS.
LIÑA NC1: Venres e sábados comezará percorrido ás 00:00 na Praza da Ribeira do Berbés.
LIÑA N4: Venres e sábados comezará percorrido ás 00:33 na Praza de América, Nº 3.
Ademais dos servizos mínimos recollidos nos horarios detallados, identificaranse con sombreado amarelo os PERCORRIDOS PARCIAIS, que consisten en desprazamentos parciais que non chegan ao final da liña pero que permiten a subida e baixada aos pasaxeiros ata o inicio dos paros.
Nestes casos:
O rótulo do autobús indicará "PERCORRIDO PARCIAL"
Destino final:
- A parada na que remata a viaxe está indicada nos horarios públicos.
- O noso persoal de conducción informará no propio autobús da parada na que remata a viaxe aos usuarios cando accedan ao bus.
Vitrasa lamenta todas as molestias que esta situación poida ocasionar á cidadanía e garante a prestación destes servizos mínimos.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100