Actualidade
Data de publicación: 04-10-2024
Data de inicio: 08-10-2024
Data de fin: 12-10-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 8 de outubro de 2024 ata o 12 de outubro de 2024 , por mor da obra de conservación dos túneles da Cidade, a realizar pola empresa Ute Sece-Eleukon , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (00:00 a 04:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 08/10 Túnel Beiramar lado terra. 09/10 Túnel Beiramar lado Mar. 10/10 Túnel Martinez Garrido. 11/10 Túnel Gregorio Espino. 12/10 Túnel Praza América. A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o panel sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o panel.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100