Actualidade
Data de publicación: 04-09-2024
Data de inicio: 04-09-2024
Data de fin: 10-09-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de CANALIZACION EN CRUCE DE CALZADA, a realizar pola empresa Electronic Trafic, Sa , estará pechada ao tráfico as rúas Velázquez Moreno e Reconquistas segundo se indica a continuación:
- Corte da rúa Velázquez Moreno, entre Marqués de Valladares e Praza de Compostela, dende as 08:30 h do xoves 5 ata as 20:00 h do venres 6 de setembro. Desvío por Marques de Valladares, Rosalía de Castro e Pontevedra.
- Corte da rúa Reconquista, entre Praza de Compostela e Marqués de Valladares dende as 08:30 h do luns 9 ata as 20:00 h do martes 10 de setembro. Habilitarase mediante conos dobre sentido de circulación pola Praza de Compostela entre Reconquista e Colón. Desvío por Praza de Compostela e Colón
En ambolos casos permitirase a entrada e saída de garaxes, mediante o apoio de sinalistas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100