Actualidade

Avisos de tráfico

AFECCIÓNS TRÁFICO PROCESIÓN CRISTO DA VICTORIA 2024

Data de publicación: 31-07-2024

Data de inicio: 04-08-2024

Data de fin: 04-08-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da PROCESIÓN DO CRISTO DA VICTORIA, a celebrar o domingo 4 de agosto de 2024 percorrendo as rúas, Real, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Príncipe, Porta do Sol, Praza da Constitución e Triunfo, establécense as seguintes restricións do tráfico rodado:

Ao redor das 16:30 h dará comezo a montaxe das fileiras da procesión nas rúas Berbés e Cánovas del Castillo. Nese intre, cortánse os accesos á zona e incluso os accesos á Praza de Compostela ou parte do percorrido (en función da afluencia de persoas) . Ás 19:00 h comeza a procesión , polo que a medida que avanza vase cortando o tráfico que poida acceder ao percorrido cos desvíos correspondentes, xerando dificultades para o acceso e saída de vehículos de garaxes e aparcadoiros.

Permanecerá en todo momento aberto o túnel de Beiramar nas dúas direccións.

No momento do acceso da procesión á rúa Colón:

-Corte da rúa Areal entre Colón e República Arxentina, desvío polo túnel de Beiramar

-Cortado o tráfico da rúa Policarpo Sanz e Marqués de Valadares, desvío pola rúa Velázquez Moreno cara á alameda.

-Cortado o sentido descendente da rúa Urzaiz dende Lepanto, desvíos por Lepanto e Alfonso XIII, excepto transporte público e aparcadoiros.

-Cortada a rúa García Barbón cara ao centro no cruzamento coa rúa República Arxentina, desvío por República Arxentina.

-Establécese dobre sentido de circulación a rúa República Arxentina entre García Barbón e Uruguai para desvío do transporte público.

Agradecendo se colabore con boa disposición para que a procesión se desenvolva con normalidade e sen ningún tipo de incidencias.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100