Actualidade

Avisos de tráfico

Peches parciais de vial para execución de cruzamento por treitos na Av Camelias á altura do número 85.

Data de publicación: 28-06-2024

Data de inicio: 08-07-2024

Data de fin: 12-07-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización eléctrica autorizada en exp 93218/250, a realizar pola empresa Edelne Sl , haberá peches parciais de vial para execución de cruzamento por treitos na Av Camelias á altura do número 85.

Manterán en todo momento un carril de circulación en cada sentido. Ocupación parcial do carril bici existente. Durante o peche do carril intermedio, non se permitirá o xiro cara a Dr Marañón, desviando aos veículos polas rúas Romil, Falperra, Pi Margall, López Mora, Ourense, Menéndez Pelayo. , dende o 8 de xullo de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100