Actualidade
Data de publicación: 28-06-2024
Data de inicio: 01-07-2024
Data de fin: 24-08-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización eléctrica, a realizar pola empresa Edelne Sl , estará pechada ao tráfico a rúa Coutadas_Freixeiro para execución, do seguinte xeito, de canalización eléctrica:
dende o 01 ao 05 de xullo. Treito de Barrio Salgueira Grupo Sindical entre o número 64 e o cruzamento coa rúa Coutadas_Freixeiro, Sinalizarán sentido único en Camiño Espadeira cara a camiño Carreiros.
dende o 08 ao 16 de xullo. Treito de rúa Coutadas_Freixeiro entre o número 94 e o cruzamento con Barrio Salgueira Grupo Sindical. Sinalizarán sentido único en Camiño Espadeira cara a camiño Carreiros.
dende o 17 de xullo ao 15 de agosto. Continuarán a canalización até a rotonda existente en Baixada O Castaño.
Mentres duren os traballos pecharase a rúa Coutadas, incluso ao servizo público. Colocarán carteis avisando do peche na rotonda existente en Baixada O Castaño.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100