Actualidade

Avisos de tráfico

Pechada ao tráfico a rúa ESCULTOR GREGORIO FDEZ

Data de publicación: 10-11-2023

Data de inicio: 13-11-2023

Data de fin: 13-10-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de Implantación de Medios Mecánicos de Transporte Peonil na Rúa Escultor Gregorio Fernández- Expte. 1632/44, a realizar pola empresa Oreco Sa, estará pechada ao tráfico a rúa ESCULTOR GREGORIO FDEZ(RUA) (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 13 de novembro de 2023 ás 10:00 horas e por un período aproximado de once meses. Durante as obras permitirase o acceso aos garaxes ou por Urzáiz ou dende a Vía Norte, dependendo da fase de execución das obras. A saída do aparcamento de Fernando el Católico redirixirase cara a Urzaiz.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100