Actualidade
Data de publicación: 05-10-2023
Data de inicio: 09-10-2023
Data de fin: 30-11-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de conexións de saneamento, a realizar pola empresa Civis Global Sl , estarán pechadas ao tráfico as rúas PEDRO DO PAZO e COVADONGA, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 9 de outubro de 2023 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres semanas. Mentres dure o peche, establécese sentido único na rúa Martín Alonso Pinzón, entre Covadonga e Tomás Alonso, cara a Tomás Alonso.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100