Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico o entorno da Igrexa, rúas: Santa Cristina e Portela.

Data de publicación: 22-06-2023

Data de inicio: 24-07-2023

Data de fin: 24-07-2023

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da procesión das festas de Sta. Cristina de Lavadores 2023, a realizar pola Asoc Cultural Irmandade De Festas De Santa Cristina , estará pechado ao tráfico o entorno da Igrexa, rúas: Santa Cristina e Portela. Non ocuparán a rotonda de Pateira/Bagunda excepto no intre puntual do paso da procesión. Deixarán un espazo suficiente na rúa Portela, ao pé do peche, para que os vehículos poidan retornar, dende o 24 de xullo de 2023 ás 12:00 horas e por un período aproximado de duas horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100