Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

PLAN DE MOBILIDADE MEDIDAS DE MOBILIDADE NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL

Data de publicación: 30-11-2020

Data de inicio: 02-12-2020

Data de fin: 10-01-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito:

PLAN DE MOBILIDADE

MEDIDAS DE MOBILIDADE NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL no centro da cidade e co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadá e cumprir as medidas de distanciamento motivado nos requirimentos sanitarios da COVID 19, adoptaranse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla. Con todo, respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano. Estas medidas estarán en vigor dende a data do acendido das luces de Nadal ata o 10 de xaneiro, e son aplicables todos os días entre as 17:00 e 23:00.

CORTES DE TRÁFICO

-Paseo de Alfonso XII, rúa de Elduayen e Porta do Sol (obras).

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valadares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valadares

-Rúa de Colón

-Rúa de Urzaiz entre a Av de Gran Vía e rúa de Colón

-Av da Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa do Dr. Cadaval dende rúa de López de Neira ata a Porta do Sol

-Rúa de Uruguai desde a rúa de Cervantes cara a rúa de Gravina.

CAMBIOS DA CIRCULACIÓN NORMAL

-A rúa Colón será uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-A rúa de Velázquez Moreno entre as de Marqués de Valadares e Policarpo Sanz cambia o sentido de circulación cara á de Policarpo Sanz

-Establécese sentido de circulación da rúa Uruguai cara á rúa de Cervantes dende a rúa de Gravina

- A rúa de Cervantes manterá un só carril aberto para uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-Ábrese carril pegado o bulevar e en sentido ascendente na Av da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e Brasil para uso exclusivo do autobús urbano.

-Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz.

DESVÍOS RECOMENDADOS Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

-Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

-Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

-A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da autoestrada AP9.

-A Av de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar.

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO Para favorecer o transporte público disporanse as seguintes medidas. Cambios na circulación: -Un carril ascendente pola Av da Gran Vía ata a rúa Brasil -Un carril descendente pola rúa de Urzaiz ata a rúa de República Arxentina -Un carril ascendente dende a rúa de Colón ata a rua de Uruguai -Cambio de sentido de circulación na rúa de Uruguai entre a as rúas Gravina e Cervantes

Paradas de bus urbano afectadas polos cambios de percorrido son: -Dende a rúa Cánovas del Castillo dirección P. Sanz, G. Barbón e Urzaiz: Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28 e G. Barbón 18. Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26 y 40, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28, Uruguai 8. -Dende a rúa de G. Barbón dirección a rúa de Colón / Urzaiz e P. Sanz: Parada anulada: Urzaiz-Príncipe e Urzaiz, 28, paradas más próximas: Uruguai 8 e Cervantes ( Fronte ao 21). Parada anulada: P. Sanz, 25, paradas más próximas: G. Barbón 7, Areal e Pza. Compostela -Dende a rúa de Urzaiz dirección - P. Sanz : Parada anulada: Colón, 27 e Policarpo Sanz, 25., paradas más próximas: Urzaiz, 13, G. Barbón 7, Areal e Pza. Compostela

A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo dende esta rúa con acceso e saída cara a Marqués de Valadares. Esta medidas entenderanse entre o día do acendido das luces de nadal ata o 10 de xaneiro, coa excepción dos desvíos das liñas de Policarpo Sanz que serán durante todo o horario de prestación do servizo.

RESTRICCIÓNS DO ACCESO AOS APARCADOIROS AFECTADOS POLAS MEDIDAS DE ESPAREXEMENTO Os seguinrtes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódolos días entre as 17:00 e as 23:00 entre o día do acendido das luces de nadal ata o 10 de xaneiro, consonte estas indicacións: -Aparcadoiro Policarpo Sanz: Acceso dende a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra - Aparcadoiro Velázquez Moreno (Velázquez Moreno 20): Acceso dende a rúa de Marqués de Valadares pola rúa de Velázquez Moreno. Saída pola rúa Policarpo Sanz cara a rúa de Colón - Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): Acceso dende as rúas de Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai. Saída cara a rúa Uruguai. - Aparcadoiro da Praza Portugal: Acceso dende a rúa de Colón ou de García Barbón por un carril ascendente por Colón ata a rúa de Uruguai. Saída cara a rúa de Uruguai. Saída cara á de García Barbón pola de República Arxentina. - Aparcadoiro Urzaiz: Acceso pola rúa de Manuel Nuñez, dende a de Colón ou García Barbón por un carril ascendente pola rúa Colón ata a rúa de Uruguai., dende a rúa de Alfonso XIII pola rúa de Cervantes. Saída polas rúas de Uruguai ou de Lepanto

ACCESO AOS GARAXES AFECTADOS POLAS RESTRICCIÓNS -Rúa de Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente dende Marqués de Valadares -Rúa de Velázquez Moreno entre as rúas de Marqués de Valadares e Policarpo Sanz: Acceso a garaxe dende a rúa de Marqués de Valadares, saída cara a rúa de Colón. -Rúa de Urzaiz ata Av da Gran Vía: Entre as rúas de Uruguai e Gran Vía por Urzaiz -Uruguai, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, República Arxentina: Dende Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, ou por Alfonso XIII, Cervantes, Roxelio Abalde. -Rúa de Hernán Cortés entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales. En todo caso ante unha situación de necesidade excepcional accederase a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.