Actualidade
Data de publicación: 02-11-2020
Data de inicio: 03-11-2020
Data de fin: 31-08-2023
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da CONSTRUCCIÓN DA PRAZA PÚBLICA, a realizar pola empresa Civis Global S.L.U , estará pechada ao tráfico a PORTA DO SOL(PRAZA). Para labores de carga e descarga na Porta do Sol e mentres dure o peche, habilitase o dobre sentido de circulación da rúa Dr Cadaval entre rúa Lugo e Porta do Sol, e mantense o dobre sentido de circulación desde Paseo de Alfonso XII por Elduayen ata San Vicente. A distribución na zona será a pé.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100