Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Inspección Técnica de Edificacións - Informe de Avaliación dos Edificios

Servizo de Inspección Técnica de Edificacións

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do Rei, s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 330
  • Web: www.vigo.org/ite
  • Atención telefónica e solicitude de cita : martes de 10:00 a 13:00 h.
  • Atención presencial: con cita previa

O Servizo de Inspección Técnica de Edificacións da Xerencia Municipal de Urbanismo ten como misión fundamental o control, supervisión e tramitación do Informe de Avaliación do Edificio (IAE) e a verificación do cumprimento das obrigas e determinacións reguladas no Capítulo II do Título preliminar da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG núm. 83, do 2 de maio de 2019) e no DECRETO 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación de Edificios (DOG Núm. 73, do 20 de abril de 2021).

Persoas obrigadas

Teñen a obriga de presentar o Informe de avaliación dos edificios as persoas propietarias únicas de edificios, as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de inmobles con máis de 50 anos e de uso residencial vivenda colectiva (edificacións con máis dunha vivenda, sen prexuízo de que poidan conter, de maneira simultánea, outros usos distintos do residencial. Con carácter asimilado enténdense incluídos nesta tipoloxía os hoteis e as residencias).

O incumprimento do deber de presentación do IAE en tempo e forma terá a consideración de infracciónn urbanística (artigo 7.4 da Lei 1/2019), co carácter e consecuencias que atribúe a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contido do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) - Formularios

O informe presentarase nos Rexistros da Xerencia Municipal de Urbanismo, ou nas formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A elaboración do IAE tras a oportuna inspección do edificio realizarase na aplicación habilitada polo IGVS no seguinte enlace web:  http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/961

No Rexistro electrónico de documentos ou solicitudes á XMU, o interesado ou  técnico/a autorizado/a solicitará a tramitación do IAE e a súa inclusión no Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios (REGIAE) adscrito ó IGVS. Documentación a presentar:

Cando se presentará o Informe de Avaliación dos Edificios (IAE)?

No ano 2021 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas entre os anos 1960 e 1969 que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2010) e as construídas no ano 1971 (de máis de 50 anos) que non presentaron o dito informe.

No ano 2020 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas entre os anos 1950 e 1959 que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2009) e as construídas no ano 1970 (de máis de 50 anos) que non presentaron o dito informe.

 

No ano 2019 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas entre os anos 1940 e 1949 que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2008) e as construídas no ano 1969 (de máis de 50 anos) que non presentaron o dito informe.

No ano 2018 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas entre os anos 1920 e 1939, ámbolos dous incluídos, que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2007) e as construídas no ano 1968 (máis de 50 anos) que non presentaron o dito informe.

No ano 2017 deberán presentar o Informe de Avaliación dos Edificios as edificacións de uso residencial colectivo construídas ata 1919 que presentaron con anterioridade o informe de ITE (correspondente ao ano 2006) e as de máis de 50 anos que non presentaron o dito informe.

No caso de detectarse algún erro na listaxe anterior (inmobles incluídos incorrectamente ou non incluídos por omisión) a propiedade deberá comunicalo ao Servizo de ITE para a súa emenda.

Se o inmoble aparece na listaxe e a súa tipoloxía non fose a residencial de vivenda colectiva (edificación de máis dunha vivenda, hotel ou residencia) presentarase no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo unha declaración responsable de que a súa tipoloxía é a residencial de vivenda unifamiliar (unha única vivenda) ou non é a residencial, sen prexuízo da oportuna comprobación municipal.

Documentos de informes desfavorables de ITE-IAE

Se o resultado da inspección fora desfavorable, a propiedade deberá solicitar e obter licenza municipal e, no seu caso, as oportunas autorizaciones sectoriales para a subsanación de deficiencias. O prazo para presentar a solicitude de licenza será de dous meses. Se do informe resultase a necesidade de acometer medidas inmediatas de seguridade (apeos, apontoamento, valados, retiradas de elementos por risco de caída á vía pública, etc...) por perigo inminente, estas deberanse realizar coa maior urxencia.

A subsanación das deficiencias relativas á conservación do inmoble e, no seu caso, dos axustes razoables para satisfacer as condicións básicas de accesibilidade universal, indicadas no Informe de Avaliación, acreditarase co correspondente certificado de finalización de obras, emitido polo técnico competente e, no seu caso, visado polo correspondente Colexio Oficial.