Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Estratexia de Desenvolvemento Urbano VIGO VERTICAL

Desde este Concello levamos anos mirando cara ao futuro e traballando para converter a cidade de Vigo nun lugar de progreso social, de atracción e motor de crecemento económico, de diálogo cultural e ambientalmente sustentable.

Seguindo con esta liña de traballo nace a nosa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado "Vigo Vertical" cofinanciada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Esta estratexia asentase sobre catro obxectivos temáticos:

  • OT 2: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación. É un dos ámbitos que teñen unha gran influencia no desenvolvemento urbano sustentable e intelixente, pola súa aplicación transversal.
  • OT 4: Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.
  • OT 6: Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
  • OT 9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera discriminación. É necesario apoiar a rexeneración das comunidades das áreas urbanas desfavorecidas, tendo en conta a perspectiva de xénero.
Área de estratexia DUSI
área de estrategia dusi
Área de estratexia DUSI
área de estrategia dusi 2
Logos
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100