Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Celeste Garrido: Os teus ollos din o que a túa boca cala

Ata o 14-02-2021

Museo MARCO - Príncipe 54 Vigo. Sala de proxectos do 1 andar

Horario:

Martes a sábados (festivos incluidos) de 11 a 14.30 e de 17 a 21, domingos de 11 a 14.30

Esta mostra, específica para o MARCO, está deseñada a partir dunha coidada selección de obras en distintos formatos —na súa maioría de nova produción— que constrúen un relato en torno á temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbolo.

Máis información na páxina web do Museo MARCO