Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición Silverio Rivas, Mente / Materia

Ata o 17-01-2021

Casa das Artes. Policarpo Sanz, 15. Vigo

Horario:

De luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.

Sábados: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.

Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h.

Silverio Rivas, Mente / Materia é unha exposición que ofrece unha síntese do traballo que Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) vén realizando nos últimos cincuenta anos.

Comisariada por Javier Pérez Buján, a exposición ofrece unha cartografía da súa traxectoria, partindo dunha estudada ocupación do espazo, estruturado a partir de tensións provocadas pola utilización de diferentes escalas, texturas, orientacións e cromatismos que van modulando o ritmo do seu percorrido.