Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición "Museo Quiñones de León. Novas incorporacións de arte galega, 2015-2020"

Ata o 28-02-2021

Planta baixa da Pinacoteca FFR (r/ Abeleira Menéndez, 8)

Horario:

Martes a venres: de 18:00 a 21:00 h

Sábados: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h

Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h

Luns pechados (incluídos festivos)

O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” presenta con esta exposición unha selección ampla dos fondos que ingresaron na súa colección de arte galega nos últimos cinco anos. Maioritariamente estas obras chegaron ao museo por doazón. Ingresaron así conxuntos amplos de autores que ata o de agora non tiñan representación ningunha na colección; destacando o caso do gran artista Tomás Barros que, tras un relativo esquecemento, está a concitar crecente interese por parte da crítica especializada. Xunto a este conxunto preséntanse, dos mesmos doantes, as dúas extraordinarias series de tintas que Isaac Díaz Pardo produciu para os proxectos literarios de Barros.