Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

ACENDIDO + PLAN MOBILIDADE NADAL 2021

Data de publicación: 19-11-2021

Data de inicio: 20-11-2021

Data de fin: 16-01-2022

Concello de Vigo

Seguridade e Mobilidade EXPEDIENTE : 126239/ 210

PLAN DE MOBILIDADE

?ACENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL?

Sábado 20 de novembro de 2021

Co gallo do ?ACENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL? adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o sábado, 20 de novembro de 2021:

En previsión de gran afluencia de público existe un Plan de Autoprotección que garante a seguridade no desenrolo do evento. Adoptaranse as seguintes medidas e recomendacións:

DEBERÁN OBSERVASE EN TODO MOMENTO AS NORMAS DE SAÚDE PÚBLICA ADOPTADAS POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DERIVADAS DA CRISE SANITARIA DA COVID-19, publicadas na sede web da Xunta e accesibles no seguinte vínculo da normativa consolidada.

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/525/Normativa_covid19_consolidada.pdf

HORARIOS

Ás 20:30 dará comezo o acto do acendido do alumeado de nadal, prográmase un corte da trafico conxunto as 16:30 horas dende, rúas de Policarpo Sanz, Colón e Urzaiz ata Gran Vía e rúas adxacentes con hora estimada de finalización as 00:00.

Plano do recinto do acendido

https://drive.google.com/file/d/1xQW48Fa247MGIrW-X-aC_A_goWrlbY5d/view?usp=sharing

Plano xeral de elementos decorativos e atraccións de nadal (zona centro)

https://drive.google.com/file/d/1xTc_u20qNToSDJa33XmvD8oaNzhJtOic/view?usp=sharing

RECOMENDACIÓNS

Para mellorar a seguridade do evento infórmase de que:

? A capacidade prevista no recinto que se definirá en Policarpo Sanz será limitado por protocolo COVID-19, polo que unha vez alcanzado o número máximo acadado o servizo de control de acceso do evento pechará o recinto, e os corpos de seguridade poderán tomar a decisión de limitar os accesos dende as rúas próximas: Príncipe, Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias, López de Neira e demais accesos.

? Existen pantallas de emisión en directo do evento situadas: no cruzamento da rúa do Príncipe esquina Ronda; Velázquez Moreno con Policarpo Sanz e na Praza interior do Centro Comercial Vialia.

? Eviten o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder dende as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pé ou en transporte público.

? A mobilidade peonil no entorno da rúa Elduayen e Porta do Sol establecese en sentido ascendente polo lado mar e descendente polo lado terra. Recoméndase percorridos alternativos a Porta do Sol e rúa Elduayen pola rúa San Vicente e Ferrería.

? A mobilidade peonil entorno a árbore de Nadal establecese en sentido cara a Porta do Sol polo lado mar e cara Colón polo lado terra.

? En xeral recoméndase a circulación peonil pola beirarrúa dereita no sentido da marcha.

? Non accedan, por seguridade, á zona de maior afluencia de público con carros de nenos, bicicletas, VMP e mascotas.

? Respecten os corredores de emerxencia/evacuación e zonas de paso de residentes delimitado nos laterais da rúa Policarpo Sanz.

? As persoas residentes na zona afectada polos cortes de tráfico deberán evitar o uso do vehículo particular nas horas do evento.

? Atendan as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e persoal de seguridade da organización.

? Haberá espazos (limitados) para persoas con mobilidade reducida e acompañante no entorno da árbore, con acceso exclusivo pola rúa Velázquez Moreno

RESTRICIÓNS E CORTES DE TRÁFICO

Con motivo do evento prohíbese nas rúas afectadas:

? A venda ambulante

? O estacionamento de motos

? A montaxe de terrazas nas rúas Policarpo Sanz, Colón, Porta do Sol, García Barbón entre Colón e Republica Argentina, Príncipe, Velázquez Moreno, Reconquista e Urzaiz entre Colón e Lepanto dende as 18:00.

Cortarase o tráfico nas rúas seguintes dende as 17:00h do sábado 20 de novembro ata finalizado o evento:

? -Méndez Núñez con Chao

? -Dr. Cadaval desde a rúa López de Neira

? -Reconquista entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

? -Policarpo Sanz entre Porta do Sol e Colón

? -García Barbón entre Colón e República Argentina

? -Colón entre Marques de Valladares e Urzaiz

? -Urzaiz entre Colón e Lepanto

? -Gran Vía ascendente dende Urzaiz ata María Berdiales

? -Rúa Urzaiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto

? -Magallanes e Gil

? -Cervantes con acceso exclusivo para residentes desde Alfonso XIII

? -Accesos a rotonda de Rosalía de Castro con Serafín Avendaño

? -Acceso desde Cánovas del Castillo cara o centro

DESVÍOS

Establécense os seguintes desvíos de tráfico:

? A aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal recoméndaselles os túneles de Areal-Beiramar.

? Recoméndase circular pola Avd Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

? Aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9 recoméndaselles a saída pola rúa de Isaac Peral ou pola de Buenos Aires.

? Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz serán desviados no cruzamento coas rúa de Vázquez Varela.

? Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.

? Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.

? Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviarse pola rúa de Pizarro.

? Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro ou de García Barbón cara ao centro desviaranse pola rúa da República Arxentina cara a rúa de Areal dirección os túneles.

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

? Punto de encontro de nenos e obxectos perdidos no evento: Establecerase na rúa de Policarpo Sanz diante do teatro García Barbón. No caso de perdas de nenos/as, cómpre dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, organización e aos axentes da Policía Local.

? Centro de coordinación do evento: xunto ao Teatro García Barbón

? Ambulancias do evento: Marqués de Valladares con Darío Álvarez Blázquez, Rúa de Colón 14, Eduardo Iglesias e Rúa Uruguay con Colón

? Bombeiros: En rúa Reconquista entre a rúa Marques de Valladares e Policarpo Sanz

SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO

Con motivo do peche perimetral de acceso ao tráfico, as paradas de bus urbano vense modificadas para prestar un servizo máis próximo os lugares do evento:

-Paradas operativas más próximas: Urzaiz 13 e República Argentina 21, García Barbón \t7, Gran Vía 21, Venezuela 4, Pi i Margall, e Cachamuiña.

-Paradas anuladas : Arenal (Aduana) ,Policarpo Sanz (todas), Colón 27, Praza de Compostela (todas), Reconquista, Cánovas del Castillo (A laxe), Rosalía Castro (todas), Urzaiz (A Farola) e Urzaiz 28.

ACCESOS AOS PARKING DESDE AS RÚAS CORTADAS AO TRÁFICO:

Permitirase o acceso dende as rúas indicadas ata as 18:00

-Rúa de Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente desde Marqués de Valladares

-Rúa de Velázquez Moreno entre as rúas de Marqués de Valladares e Policarpo Sanz: Acceso e saída a garaxe dende a rúa de Marqués de Valladares.

-Rúa de Urzaiz ata Avda. da Gran Vía: Entre as rúas de Uruguay e Gran Vía por Urzaiz

-Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, República Argentina: Dende Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, ou por Alfonso XIII, Cervantes, Rogelio Abalde.

-Rúa de Hernán Cortés entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales.

A saída non estará habilitada ata as 22:00.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

MMC

VIGO, novembro de 2021

Á marxe,

data e sinatura electrónica da Concelleira Delegada da Área de Seguridade e Mobilidade

PLAN DE MOBILIDADE

MEDIDAS DE MOBILIDADE NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL 2021-2022 no centro da cidade e co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadá, adoptaranse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla.

Con todo, respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Estas medidas estarán en vigor desde a data do acendido das luces de Nadal ata o 16 de xaneiro, e son aplicables os días indicados entre as 17:30 e 23:00 horas.

DEBERÁN OBSERVASE EN TODO MOMENTO AS NORMAS DE SAÚDE PÚBLICA ADOPTADAS POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DERIVADAS DA CRISE SANITARIA DA COVID-19, publicadas na sede web da Xunta e accesibles no seguinte vínculo da normativa consolidada.

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/525/Normativa_covid19_consolidada.pdf

DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA. CORTES DE TRÁFICO

Novembro: 21, 26, 27, 28

Decembro: 3, 4, 5, 6 ,7, 8, 9, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 31

Xaneiro: 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 14, 15,16

Plano de cortes e reorganización do tráfico

https://drive.google.com/file/d/1xaMlkoS2g0b2FMgzb_64MfOVNgDqkGId/view?usp=sharing

RECOMENDACIÓNS

? A mobilidade peonil no entorno da rúa Elduayen e Porta do Sol establecese en sentido ascendente polo lado mar e descendente polo lado terra. Recoméndase percorridos alternativos a Porta do Sol e rúa Elduayen pola rúa San Vicente e Ferrería.

? A mobilidade peonil entorno a árbore de Nadal establécese en sentido cara a Porta do Sol polo lado mar e cara Colón polo lado terra.

? En xeral recoméndase a circulación peonil pola beirarrúa dereita no sentido da marcha.

? Eviten o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder desde as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pé ou en transporte público.

CORTES DE TRÁFICO

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valladares

-Rúa Areal entre República Argentina e Colón

-Rúa Concepción Arenal cara a Colón

-Rúa García Barbón entre República Argentina e Colón

-Rúa de Colón

-Rúa Rosalía de Castro entre Pontevedra e República Argentina

-Rúa Pontevedra entre García Barbón e Rosalía de Castro

-Rúa de Urzaiz entre a Avda. de Gran Vía e rúa de Uruguay

-Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa Urzaiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto

-Rúa Progreso entre Ronda de Don Bosco e Velázquez Moreno (desde o 8/11/2021)

CAMBIOS DA CIRCULACIÓN NORMAL

-A rúa García Barbón entre República Argentina e Colón e a rúa Colón desde Marqués de Valladares serán uso exclusivo para residentes, aparcadoiro e transporte público.

-O tramo de Colón comprendido entre Arenal e Rosalía de castro establécese dobre sentido de circulación

-A rúa de Velázquez Moreno entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz permanecerá en dobre sentido para o acceso e saída ao parking de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas.

-Permítese o paso sentido ascendente na Avda. da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e María Berdiales para uso exclusivo do transporte público.

-Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz

-Os vehículos que circulen por María Berdiales e Joaquín Lóriga serán desviados por Ronda de Don Bosco ascendente ata Velázquez Moreno (dende o 8/11/2021) .

DESVÍOS RECOMENDADOS

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

-Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

-Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

-A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9.

-A Avda. de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

? Posto preventivo sanitario: Servizo de Primeiros Auxilios na Praza da Princesa, entre 17:30h e as 22:30h

? Unha ambulancia os días de alta afluencia situada en Marques de Valadares con Darío Álvarez Blázquez entre 17:30h e as 22:30h

? Servizo itinerante en todo ámbito de Protección Civil

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO

Para favorecer o transporte público disporase as seguintes medidas. Os Cambios na circulación en horario de 17:30-23:00 os días de máxima afluencia.

Permítese o acceso pola Gran Vía con axuda de sinalistas

Un carril descendente pola rúa Urzáiz ata República Argentina

Un carril ascendente desde a rúa Colón ata a rúa Uruguay

A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo desde esta rúa con acceso e saída cara a rúa Marqués de Valladares

Estas medidas comprenden desde o día do ascendido das luces de Nadal ata o 16 de xaneiro en horario de 17:30 h ata as 23,00 h.

Paradas operativas máis próximas:

Marqués de Valladares 19, Colón 14, Urzaiz 13, Uruguay 11, Cervantes 11 e República Argentina 21, García Barbón 7, Gran Vía 21, Venezuela 4, Pi i Margall, e Cachamuiña.

Paradas anuladas :

Arenal ( duana) ,Policarpo Sanz (todas), Colón 27, Praza de Compostela (todas), Reconquista, Cánovas del Castillo (A Laxe), Rosalía Castro (todas), Urzaiz (A Farola) e Urzaiz 28.

Estas medidas entenderanse entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro os días de máxima afluencia, coa excepción dos desvíos das liñas de Policarpo Sanz que serán durante todo o horario de prestación do servizo.

RESTRICIÓNS DO ACCESO AOS APARCADOIROS AFECTADOS POLAS MEDIDAS DE ESPAREXEMENTO

Os seguintes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódolos días entre as 17:30 e as 23:00 entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro, consonte estas indicacións:

-Aparcadoiro Policarpo Sanz: Acceso desde a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra

- Aparcadoiro Velázquez Moreno (Velázquez Moreno 20): Acceso e saída desde a rúa de Marqués de Valladares pola rúa de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas

- Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): Acceso desde as rúas de Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay. Saída cara a rúa Uruguay.

- Aparcadoiro da Praza Portugal: Acceso dende a rúa de Colón ou de García Barbón por un carril ascendente por Colón ata a rúa de Uruguay. Saída cara a rúa de Uruguay. Saída cara á de García Barbón pola de República Argentina.

- Aparcadoiro Urzaiz: Acceso pola rúa de Manuel Núñez, dende a rúa Colón e García Barbón por un carril ascendente pola rúa Colón ata a rúa de Uruguay, desde a rúa de Alfonso XIII pola rúa de Cervantes. Saída polas rúas de Uruguay ou de Lepanto

ACCESO AOS GARAXES AFECTADOS POLAS RESTRICIÓNS

-Rúa de Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente desde Marqués de Valladares

-Rúa de Velázquez Moreno entre as rúas de Marqués de Valladares e Policarpo Sanz: Acceso e saída a garaxe desde a rúa de Marqués de Valladares.

-Rúa de Urzaiz ata Avda. da Gran Vía: entre as rúas de Uruguay e Gran Vía por Urzaiz

-Uruguay Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, República Argentina: Desde Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, ou por Alfonso XIII, Cervantes, Roxelio Abalde.

-Rúa de Hernán Cortés entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales.

En todo caso ante unha situación de necesidade excepcional accederase a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

APARCADOIRO DE AUTOBUSES TURÍSTICOS

Os autobuses turísticos que se achegan o municipio con intención de aproximar os seus clientes o centro da cidade poderán usar o espazo sinalizado na Praza do Berbés para deixar e recoller pasaxeiros.

Acceso desde AP9

https://goo.gl/maps/2goCE5WNnj2fbNbcA

Acceso desde A55

https://goo.gl/maps/FfcTSqUZ9E9iYhJQA

Acceso desde VG20

https://goo.gl/maps/N8wzRGr1feeCsdzj6

O estacionamento de autobuses turísticos autorizase no aparcadoiro da praia de Samil.

https://goo.gl/maps/gsrEny24wYJK8DfCA

PUNTOS PARA DESENROLO DE ACTUACIÓN DE CARÁCTER ARTÍSTICO

As actuacións de carácter artístico tales como mimo, música, teatro, malabares, debuxo ou pintura con ánimo de lucro e outras análogas, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas por un máximo dun día natural ampliable ata cinco, entre o 20/11/2021-16/01/2022. Non poderán en ningún caso contar con infraestruturas, escenarios ou instalacións análogas para seu desenrolo.

1- Rúa Eduardo Iglesias n 8

2- Paseo Alfonso XII ( mirador)

3- Praza Colexio Arquitectos

4- Praza do Descubrimento (A Pedra)

5- Rúa Rosalía Castro n 21 (ambulatorio)

6- Rúa Rosalía Castro n 7-9

7- Praza Comercio (avda. García Barbón n 22)

8- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con avda. A. Gregorio Espino)

9- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con rúa Aragón)

10- Praza do Mercado Teis

11- Alameda Bouzas

12- Praza Independencia ? rúa Pintor Lugrís

13- Praza do Emigrante

14- Parque da avda. Castelao coa rúa Grove onde a fonte

15- Rúa Eduardo Chao n 6

16- Rúa Teófilo Llorente con rúa Real

PUNTOS PARA VENDA AMBULANTE ITINERANTE

A venda ambulante itinerante, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas, entre o 20/11/2021-16/01/2022

1- Barrio Histórico:

- Paseo Alfonso XII ( mirador)

- Rúa Real-Travesía Esperanza

- Praza Almeida (Instituto Camoes)

- Rúa Carral con Rúa Canovas del Castillo

- Praza Arguelles

- Praza Princesa

- Praza do Descubrimento (A Pedra)

2- Avda. García Barbón (dende rúa República Argentina ata a igrexa Santiago de Vigo)

3 Rúa Rosalía de Castro entre a rúa República Argentina e rúa Serafín Avendaño

4- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con avda. A. Gregorio Espino)

5- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con rúa Aragón)

6.- Manuel Núñez 3-7

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

MMC

VIGO, 19 de novembro de 2021

Á marxe,

data e sinatura electrónica do técnico

data e sinatura electrónica da Concelleira Delegada da Área de Seguridade e Mobilidade