Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

BANDO NADAL 2021

Data de publicación: 05-11-2021

Data de inicio: 15-12-2021

Data de fin: 10-01-2022

B A N D O

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:

Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:

1.- Dende as 00,00 horas do mércores día 15 de decembro de 2021 ata as 08,00 horas do luns día 10 de xaneiro de 2022, prohíbese a realización de calquera obra ou traballo que afecte á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por parte desta Alcaldía.

As obras ou traballos que se están a executar na vía pública deberán quedar rematadas ás 24,00 horas do martes 14 de decembro de 2021. As empresas responsables delas estarán obrigadas a repoñer o pavimento e a sinalización para deixar expedita a libre circulación de persoas e vehículos, polo que terán que retirar casetas, valos, materiais de obra e maquinaria, colectores de obra, sacos de residuos ou calquera outro acopio de materiais na vía pública coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.

2.- Os traballos, que por atoparse no prazo de execución autorizado, que segundo o anterior teñan que suspenderse nestas datas, poderán continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro luns día 10 de xaneiro de 2022. Polo tanto as obras en curso na actualidade que non poidan ser rematadas na data indicada , terán que manter expedito o paso por elas e o seu entorno, durante o período do Nadal, así como garantir unha correcta sinalización para o tráfico e seguridade viaria de persoas e vehículos, repoñéndoa á súa costa se se deteriorase por calquera motivo ou incidencia.

3.- Nas devanditas datas únicamente poderán ser atendidas, sen limitación de horarios, as emerxencias ou avarías que revistan carácter de urxencia. Cumprirá darlle coñecemento destas, cando se produza, á Policía Local, cando menos telefónicamente e deberase presentar no Concello, a través do seu Rexistro Xeral, e dentro das 24 horas seguintes, un dictame xustificativo da urxencia e alcance da avaría, subscrito polo técnico competente responsable da obra ou instalación afectada.

4.- Os demais traballos de mantemento ou reparación precisos nas vías e servizos públicos, durante estes días, poderán realizarse entre as 22,00 horas e as 09,00 horas do día seguinte, trala autorización expedida pola Alcaldía.

5.- Na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:

Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Progreso, Dr Cadaval, Porta do Sol, Elduayen, Poboadores, Urzaiz até Fernando O Católico, e Paseo de Alfonso XII por mor da montaxe, mantemento e desmontaxe do alumeado navideño, dende as 14,00 horas do sábado 27 de novembro de 2021 ata as 08,00 horas do luns 10 de xaneiro de 2022, prohíbese a realización de calquera evento que afecte á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por parte desta Alcaldía.

As obras na devandita zona urbana poderán autorizarse sempre e cando non interfiran coas instalacións e actividades previstas polas festas de Nadal.

O venres 26 de novembro de 2021 ás 24:00 horas deberán estar retiradas tódalas ocupacións de vía pública. As ocupacións, que por atoparse no prazo de execución autorizado, que segundo o anterior teñan que suspenderse nestas datas, poderán continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro luns 10 de xaneiro de 2022.

O incumprimento destas normas dará lugar á incoación do correspondente expediente sancionador e imposición da multa na contía máxima establecida na vixente lexislación de réxime local, así como á inmediata paralización das que se inicien, sen prexuízo de calquera outra medida que proceda adoptar.