Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechada ao tráfico a rúa TRONCOSO

Data de publicación: 21-07-2021

Data de inicio: 19-07-2021

Data de fin: 07-12-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de HUMANIZACIÓN DA RÚA TRONCOSO, a realizar pola empresa Obras Reformas Y Saneamientos Sl , estará pechada ao tráfico a rúa TRONCOSO(RUA) (VIGO), dende o 19 de xullo de 2021 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses. Garantirán o acceso ao hospital. Tamén garantirán o acceso aos garaxes, excepto no tempo de apertura e peche da gabia fronte a cada un dos garaxes (aproximadamente cinco días laborais). Manterán aos veciños debidamente informados da evolución dos traballos.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.