Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico o TÚNEL BEIRAMAR, LADO MAR

Data de publicación: 11-06-2021

Data de inicio: 13-06-2021

Data de fin: 13-06-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento túnel Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D , estará pechado ao tráfico o TÚNEL BEIRAMAR, LADO MAR, o domingo 13 de xuño de 2021 en horario de 07:30 a 14:00

Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.