Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE

Data de publicación: 18-11-2020

Data de inicio: 23-11-2020

Data de fin: 28-11-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 23 de novembro de 2020 ata o 28 de novembro de 2020 , por mor da obra de mantemento dos túneles da Cidade, en horario nocturno, a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 23/11 túnel Beiramar, lado terra. 24/11 túnel Beiramar, lado mar. 25/11 túneles de Pza España e Pza América. 26/11 túnel AP9 sentido entrada a Vigo. 27/11 túnel AP9 sentido saída de Vigo. . A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.