Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechada ao tráfico a rúa VIA NORTE(RUA) entre Escultor Gregorio Fernández e Urzaiz

Data de publicación: 14-07-2020

Data de inicio: 20-07-2020

Data de fin: 20-08-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de montaxe das vigas riostras entre o forxado do edificio de Vialia e a beirarrúa de Vía Norte así como a montaxe do seu forxado, todo prefabricado de grandes dimensións, a realizar pola empresa Grúas Doniz,S.L. , estará pechada ao tráfico a rúa VIA NORTE(RUA) entre Escultor Gregorio Fernández e Urzaiz, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 20 de xullo de 2020 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun mes. Mentres dure o peche, establécese dobre sentido na rúa Via Norte, entre Escultor Gregorio Fernández e Párroco José Otero. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Travesía de Vigo, Urzaiz. O acceso á rúa Vázquez Varela será por Travesía de Vigo, Pizarro, Brasil. Os usuarios e residentes desviaranse por Párroco José Otero ou Canadelo Alto.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.