Praias

Praia do Vao

Bandeira azul

Situada na parroquia de Coruxo, conta cun paseo que no verán atrae a numerosos turistas. O tamaño do seu areal é de 800 metros de longo por 45 metros de ancho.

Conta con varios aparcadoiros, con prazas para discapacitados. Repartidos ao longo da ponte de madeira, ten diversos accesos á praia. Nos meses de verán, o posto da Cruz Vermella está operativo todos os días.

Outros servizos que ofrece son: fontes, duchas, teléfonos públicos, megafonía, campos de fútbol, etc.

Nesta praia tamén se atopa a illa de Toralla, unida a ela por unha ponte, e na cal se pode gozar de pequenas praias. Así mesmo, destaca o recente achado dunha vila romana.

Para desprazarse até esta praia, as liñas de autobús son: L10 e L11.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100