Escudo Concello de Vigo

Laboratorio Municipal

Analise de praias

O Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubre, sobre a xestión da calidade das augas de baño, establece as medidas sanitarias e de control necesarias para a protección da saúde dos bañistas. Dada a importancia que supón o uso das zonas de augas de baño para a saúde humana, faise necesario o establecemento de controis analíticos periódicos.

A calidade analítica da auga é o parámetro máis importante, aínda que non o único, para a concesión de Bandeiras Azuis por parte da Comunidade Económica Europea, de vital importancia para o sector turístico e económico da nosa ciudade.

Nas 24 zonas de baño habilitadas, instálase un panel informativo no que figuran os resultados obtidos na última analítica realizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Xunta de Galicia, así como o histórico de cualificacións e os criterios de establecemento da calidade da auga.

 Durante o periodo estival, o Laboratorio Municipal mostrea semanalmente as augas de baño das praias do Término Municipal, de cara a comprobar o seu estado para o baño segundo o Real Decreto e detectar calquera incidencia que poidera afectar a salubridade das mesmas.

 Determinacións e criterios de cualificación sanitaria segundo o Real Decreto 1341/2007:

 Determinación Calidade      
   SUFICIENTE 
 BUENA 
 EXCELENTE
 
 Escherichia coli 500 500 250  Unidades  UFC o         NMP/100 ML.
 Enterococos Intestinales       185 200 100  

Últimas Analíticas: