Praias

Praia de Samil

 

  • Incluída no Censo Oficial de zonas habilitadas para o baño
  • Praia de area branca e fina situada na parroquia de Navia, moi próxima á cidade. Mide uns 1.115 metros de lonxitude por 15 metros de ancho, o que a convirte na maior praia de Vigo.

    Conta cun gran equipamento e ofrécelle ao visitante unha enorme variedade de servizos.

    • 3 piscinas
    • tobogán
    • canchas de baloncesto
    • pista de patinaxe
    • posto da Cruz Vermella
    • vixilancia e socorrismo
    • duchas e lavapés
    • servizo para o baño no mar de persoas con discapacidades físicas
    • megafonía
    • xogos infantís
    • aparcadoiros
    • zonas verdes
    • merendeiros
    • multitude de cafeterías
    • restaurantes
    • etc.

    En verán organízanse moitas actividades e concursos ao aire libre.

    Na mesma avenida de Samil atópase o museo Verbum-Casa das palabras e o Complexo Deportivo Samil, o cal consta de 12 pistas de tenis, 3 pistas de paddel e un campo de fútbol. Tamén se foron establecendo nesta zona diversas discotecas, un local onde xogar aos birlos, etc.

    Para desprazarse até a praia hai varias liñas de autobús: L10, C15A, C15B e C15C todo o ano; C3 en verán, e as liñas nocturnas CN1 e CN2.

     

    Concello de Vigo

    Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100