Actualidade

Avisos

Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible

Temática: Covid-19

Data de publicación: 16-10-2020

Á vista da evolución da pandemia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, por Orde do 14 outubro de 2020 da Consellería de Sanidade se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, fixando expresamente restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible adoptando, de modo temporal, a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. Asimesmo, dispón que tampouco serán aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100