Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 12-04-2020
O Concello de Vigo, a través do seu SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL (SOL), atenderá as consultas que se formulen en materia de emprego neste actual contexto de inestabilidade e confinamento, para resolver as dúbidas e inquedanzas na materia.
Esta medida estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá, continuando ca labor de información e apoio á cidadanía.
As persoas interesadas poden dirixir as súas consultas a través da conta de correo electrónico que se indica a continuación:
Tamén poden consultar a información que se publica na conta de Twitter da Concellaría de Emprego (@CMEmpregoVigo).
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100