Oficina tributaria

Normas de ingreso dos Tributos Periódicos

Pago Presencial / Internet

O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora coa recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servizo de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.

O ingreso tamén poderá efectuarse a través de Internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, na oficina virtual (pagamento de recibos) ou dende a carpeta cidadá do Concello de Vigo. Este servizo será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.

Domiciliación

Vostede poderá facer o pagamento dos tributos municipais de cobro periódico mediante domiciliación bancaria, de forma sinxela a través da carpeta cidadá ou ben entregando o modelo de solicitude no Rexistro Xeral do Concello na forma descrita no trámite correspondente.

As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán a documentación de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automáticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.

As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

Caixeiros automáticos

O pago dos recibos dos tributos periódicos que non se atopen domiciliados (Taxa pola recollida de lixo, Exaccións Unificadas Industriais, Imposto sobre Bens Inmobles, Imposto sobre Actividades Económicas e Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica) pódese realizar tamén a través dos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñan habilitada esta opción por levar incorporado un lector de código de barras.

Impresión de recibos

As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, La Caixa, Caixa Galicia ou Caixanova, ou ben a través da carpeta cidadá do Concello de Vigo ou na oficina virtual da páxina web do Concello.

Cargando recomendacións
Normas de ingreso dos Tributos Periódicos
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100