Praias

Praia de Suacasa

Pequena cala, xa nos límites da parroquia de Teis, ao pé do Outeiro da Cacharela.

Este acolledor recuncho, característico das nosas costas, ven sendo frecuentado polos que gustan de bañarse dende as rochas coa preamar.

  • Localización: Parroquia de Teis.
  • Tamaño areal: 54 metros de longo por 6 metros de ancho. Con preamar case non hai supeficie de area seca.
  • Como chegar: a través do Camiño da Cacharela ou a pé dende o areal de Mende bordeando a costa a través dun paseo peonil.
  • Acceso ao areal: a o estar separada uns poucos metros de praia de Arealonga en Chapela, ten fácil acceso dende aquela, ou a través da súa irmá O mende
  • Dotacións: non ten
  • Posto da Cruz Vermella: Non ten
  • Liñas de autobuses urbanos: Máis cercana C-3; parada na Avda. de Galicia
  • Outras denominacións: Praia da Cacharela

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100