Praias

Praia do Adro

  • Incluída no Censo oficial de zonas habilitadas para o baño
  • Localización: parroquia de Bouzas.
  • Tamaño do areal: 450 metros de longo por 10 metros de ancho.
  • Como chegar: existe un amplo paseo que bordea todo o areal desde a estrada principal e a travesía de Bouzas (Servizo Portuario) ou a través das rúas da zona vella de Bouzas que discorren paralelas ao areal e que están comunicadas mediante travesías con el.
  • Accesos: hai seis accesos desde o paseo, todos con escaleiras.
  • Dotacións: tres duchas e tres fontes.
  • Liñas de buses urbanos: a máis próxima é a C3. O L28 vai até a igrexa de Bouzas e o C15B e o C15C vai até a zona do mercado de Bouzas.
  • Outras denominacións: Areal de Bouzas.
  • Calidade da auga: Última análise (Máis información).
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100