Cultura e arte

Edificio Círculo Mercantil

  • Arquitecto: Manuel Gómez Román
  • Ano: 1921
  • Localización: rúa do Príncipe, 44

O Centro de Instrución Mercantil nace en 1891 como sociedade de estudos mercantís, e nos primeiros anos do século XX transfórmase no Círculo Mercantil e Industrial.

A súa sede cambiou de emprazamento varias veces e ao final, sendo presidente Bernardo Bernárdez, o Círculo merca a sede da rúa do Príncipe coa intención de construír un novo inmoble, mais finalmente, a falla de recursos económicos fai que soamente se reforme o edificio xa esistente. As obras comezan en 1921 e rematan o ano seguinte. Posteriormente, en 1925 e co incremento de socios, vólvense a ampliar as instalacións co mesmo arquitecto, Manuel Gómez Román.

O edificio é de estilo ecléctico cuha composición clasicista.

Na fronte da rúa de Velázquez Moreno destaca unha galería que cobre o treito central da fachada. Sobre esta sitúase unha balconada e culmínase a fachada cunha alternancia de vans e pilastras que actúan como falso entaboamento.

A decoración é moi escasa e soamente aparece nos capiteis das pilastras e nas ménsulas que sustentan a galería.

O edificio foi inaugurado o 28 de setembro de 1927 polos reis Alfonso XIII e Vitoria Euxenia.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100