Cultura e arte

A Casa de Correos e Telégrafos

  • Arquitecto: Manuel Gómez Román
  • Anos: 1920-1928
  • Localización: Praza de Compostela

O edificio é de estilo ecléctico de sobrio clasicismo. Destaca nel a súa simetría, con dúas fachadas laterais similares enlazadas por un chafrán rematado nun corpo máis elevado. Nas fachadas Manuel Gómez Román emprega un esquema clasicista cunha base perforada con ocos que iluminan o soto, pilastras xigantes e un corpo de remate no último andar que actúa de entaboamento.

No tramo central do edificio destacan as fiestras enmarcadas por pilastras e as molduras planas de granito de estilo neobarroco.

En canto ao último andar, hai que dicir que sufriu un cambio en relación co proxecto inicial, cando na última remodelación do edificio foron pintadas de ocre as paredes.

O elemento máis destacado é o chafrán no que se sitúa o acceso principal. Nel hai unha gran superficie acristalada coa que se ilumina o vestíbulo principal e as dependencias superiores.

O 1 de marzo de 1930 comezaron a funcionar neste edificio os servizos de Correos e Telégrafos no cal seguen na actualidade.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100