Cultura e arte

Monumento aos Galeóns de Rande

Inaugurado en 1967, é obra do arquitecto Desiderio Pernas. É unha gran plataforma sobre a que están situadas tres áncoras de navíos afundidos na Batalla de Rande, librada na Ría de Vigo en 1702 entre a armada anglo-holandesa e a frota hispana que fora escoltada por unha francesa.

Os navíos españois perderon o combate e aínda hai quen di que os tesouros gardados nas súas adegas (ouro, prata...) repousan no fondo da ría.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100