Actualidade

Exposición sobre Luísa Villalta

Exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol instala no vestíbulo da súa sede, na Casa Galega da Cultura de Vigo, como homenaxe á escritora a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas de 2024.

Luísa Villalta publicou, en apenas vinte anos, de 1989 datan os seus primeiros escritos, case que quince títulos, ademais de numerosos textos en revistas e publicacións colectivas.
Unha intensa actividade que se decanta nunha obra que abranxe diversos xéneros literarios: o ensaio, o teatro, o xornalismo de opinión, a narración e mais a poesía. O seu falecemento temperán, en 2004, con só 46 anos, tronzou a súa vida nun momento de plena madureza creativa.
Ademais da súa actividade literaria, tamén foi unha notable violinista.

A exposición organizada pola Fundación Penzol, de carácter divulgativo, presenta, en catro paneis un sintético percorrido pola súa vida e obra. Ademais, en tres mesas-vitrina amósanse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol.

Permanecerá aberta ata o 29 de setembro.

Cando:

Do 22 de Maio ata o 29 de Setembro de 2024

Lugar:

Fundación Penzol

  • PRAZA PRINCESA 2

Galería de fotos

cartel1

Desde o 22/05/2024

Ata o 29/09/2024

Fundación Penzol

PRAZA PRINCESA 2

Teléfono: 986226459

Web: http://hoxe.vigo.org/movemonos/m_penzol.php?lang=gal#/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100