Escudo Concello de Vigo

Cultura

Fundación Penzol

  • Enderezo: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2. 36202.Vigo
  • Teléfono: 986 22 64 59 – Fax 986226459
  •  Horario: Luns a venres: 9:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas. Do 15 xuño ao 15 setembro: pechado polas tardes

 Condicións de accesibilidade: Accesible a discapacitados.

Fundación.

Fachada Penzol

A Fundación Penzol é unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro. Creouse en 1963 por iniciativa de Fermín Penzol, cando decide doar a súa valiosa biblioteca especializada en temática galega de acceso público para a investigación.

Foi enriquecéndose con numerosas e variadas achegas. Está considerada como un centro de consulta imprescindible para os investigadores da realidade histórica e actual galega nas súas diversas manifestacións.

As coleccións da Penzol caracterízanse por ter como denominador común temas ou asuntos referidos a Galicia. Hoxe en día están formadas por uns 47.000 títulos de monografías impresas desde o século XV; uns 3.800 títulos de publicacións periódicas; 106 títulos de libros manuscritos do século XVII ao XIX; perto de 300 diplomas en pergameo, datados do século XII ata o XVII; 80 pezas de cartografía histórica, con numerosos exemplares do século XVII e 150 metros lineais de documentos de arquivo.

Xunto ás labores bibliotecarias e arquivísticas a Fundación Penzol desenvolve actividades formativas, de divulgación e de cooperación cultural.

Libro Fermín Penzol: "Unha obra para un país".

Texto completo Fundacion, Fondos e Labor divulgativo.

Fotos Instalacións da Fundación

Depósito  Principal
Depósito Fondos
Depósito Libros
Sala lectura

IR A INICIO: Fundación Penzol