Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos

Covid-19: Servizo de asesoramento para persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19

Temática: Covid-19

Data de publicación: 25-03-2020

O Concello de Vigo, a través do seu servizo de información "VIGO EMPRENDE", atenderá as consultas das persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

A prestación de servizos de asesoramento a PEMES e emprendedores, incardínase dentro da Estratexia "DUSI Vigo Vertical", dentro do seu Obxectivo Temático 9, e estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.

As persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas poden dirixir as súas consultas a través do formulario que se indica no seguinte enlace:

- Acceso ao formulario

Os teléfonos de contacto son os que se indican a continuación:

TELÉFONO DE CONTACTO VIGO EMPRENDE:

Teléfonos:

- 650 253 950

Horario:

- Luns a xoves: 9:30 - 14:30 e 15:00 - 18:30

- Venres: 9:30 - 15:30

E-mail:

- vigoemprende.info@vigo.org (24 horas)

SERVICIO DE INFORMACIÓN 010:

Teléfonos:

- 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.

- 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.

Horario:

- Luns a venres de 8:00 a 20:00 horas.

- Sábados de 10:00 a 14:00 horas.

E-mail:

- 010@vigo.org (24 horas)