Axenda
Situación: Villa Solita
A antiga vivenda denominada "Vila Solita" ten a súa orixe a finais do século XIX, ligada a unha famila da burguesía local viguesa, os Sres. Rodríguez Cabrera. En devandita leira de Alcabre estableceu a súa residencia en 1879 o seu herdeiro, D. Enrique Rodríguez Cabrera, oficial da Mariña, tras contraer nupcias con Dña Antonia Pequeño Pequeño buscando establecer a súa residencia, fuxindo do centro da cidade, nun espazo tranquilo e de gran valor paisajístico. Para iso escolleron reformar a vivenda anterior cun estilo de edificación que buscaba mostrar o seu estatus social e económico a través dunha linguaxe arquitectónica de corte historicista.
Se por algo se caracteriza Vila Solita é pola súa arquitectura suntuosa e elegante que, aínda que nalgún momento poida recordarnos a unha visión modernizada do pazo galego, a súa planta con patio central, pórtico e mirador a vinculan máis cun estilo constructivo estranxeiro, convirtíndoa nunha rara avis da arquitectura local.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100