Axenda

Museo do Mar de Galicia

Situación: Avenida da Atlántida 160

Teléfono: 986247750

Web: http://www.museodomar.com

Horario:

  • Horario de inverno (16 setembro – 20 xuño)
    • Luns: pechado (excepto festivos que rexerá o horario do domingo).
    • Martes a venres: de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas.
    • Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • Horario de verán (21 xuño – 15 setembro)
    • Luns: pechado (excepto festivos que rexerá o horario do domingo).
    • Martes a domingo: de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

    Os días 25 de decembro, 1 e 6 de Xaneiro o Museo permanecerá pechado. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de mañá.

Servizos:

  • Visitas escolares con Unidades didácticas: 10, 12 e 16 horas, de martes a venres.
  • Visitas guiadas: fixas ás 11, 12:30, 17 e 18:30 horas, fóra destas horas, consultar.
  • Guía da exposición dispoñible na web.
  • Salón de actos.
  • Aparcamiento e aseos para minusválidos.
  • Tenda.
  • Consigna.
  • Aseos con cambiadores para bebes.

Tarifas:

As entradas teñen validez por un día. Coa entrada Xeral tense acceso a todas as instalacións.

  • Museo (acuario e exposicións temporais incluídas):
    • Xeral: 3 €
    • Reducida*: 1,50 €
  • Acuario: 2 €
    • Xeral: 2 €
    • Reducida*: 1 €
  • Exposicións temporais: 2 €
    • Xeral: 2 €
    • Reducida*: 1 €
  • Entrada gratuíta: Menores de 8 anos e grupos de escolares.

*Tarifas reducidas: Menores de 18 anos, persoas paradas, estudantes e xubiladas (sempre que o acrediten), ONGs e grupos de máis de 10 persoas.

O Museo do Mar de Galicia, situado na Punta do Muíño, en Alcabre, naceu coa vontade de ser unha sede dedicada ao mar.

É un ambicioso proxecto cultural e científico inaugurado en xuño do 2002 e deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela.

Pódense distinguir até seis partes: o xardín; un conxunto de cinco naves rehabilitadas; unha praza empedrada que permite a comunicación entre as praias; un edificio de nova planta, construído sobre o linde dunha parcela gañada ao mar; un porto no que se sitúa o acuarium; un faro, e o propio mar que envolve a construción.

O Museo distingue un ámbito gratuíto inicial, onde o visitante entra en contacto co mar, e a exposición permanente de pago, centrada na historia económica e social do desenvolvemento da industria pesqueira galega, abarcando seccións sobre a extracción, conservación e comercialización dos produtos pesqueiros. Conta ademais cun acuario, onde se amosan os ecosistemas das rías galegas, e un xacemento arqueolóxico. Os vestixios deste xacemento fálannos das explotacións dos recursos pesqueiros xa desde épocas prehistóricas, fío condutor da exposición permanente do museo.

Galería de fotos

Mapa de situación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100