Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Belén monumental "Naceu en Belén"

NACEU EN BELÉN, coa luz, a música e a ambientación, trasládanos á noite na que naceu Xesús e fálanos dos costumes, oficios, arquitecturas e paisaxes da Xudea de Herodes o Grande no século I con algunha licenza local, pois o patrimonio de Vigo e a cultura popular galega intégranse nalgunhas das escenas para sentir como propios aqueles instantes que viviron con profunda emoción os pastores e os Magos de Oriente.

A mostra está poboada con case duascentas figuras e ocupa máis de douscentos metros cadrados. Foi elaborada pola Agrupación Belenista A Morana e modelada polo escultor José Luis Mayo Lebrija, un dos belenistas máis prestixiosos de España.

Cando:

Do 26 de Novembro ata o 6 de Xaneiro de 2023

Lugar:

Casa Das Artes

Horario:

DO 26 DE NOVEMBRO ó 6 DE XANEIRO 2023 ( Inauguración 26/11, 17:30h)

  • De luns a xoves: de 17:00 a 21:30 horas
  • Venres: de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00  a 21: 30 horas
  • Sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos: de 11:00  a 21:30 horas

Días especiais:

  • 24 e 31 de decembro: de 11:00 a 19:00 horas
  • 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro: de 17:00 a 21:30 horas

Visitas guiadas 697 430 483

Prezo:

De balde

Máis información:

Galería de fotos

Belén 1
Belén 2
Belén 3
Lona
Totem
Info

Desde o 26/11/2022

Ata o 06/01/2023

Casa Das Artes

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100